Masía Freixa
Masía Freixa | |
---|---|
Edificio | |
Localización | Terrasa, Cataluña |
Coordenadas | 41°33′47″N 2°00′15″L / 41.563, 2.00422 |
Remate | 1910 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Lluís Muncunill i Parellada |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Masía Freixa (en catalán: Masia Freixa) é un edificio modernista da cidade de Terrasa que se atopa no parque de Sant Jordi, antigos xardíns e terreos adxacentes na masía, dentro do barrio de Ca n'Aurell. Construída en 1896, foi pensada orixinalmente como unha fábrica de fiado e foi reformada entre 1907 e 1914 por Lluís Muncunill i Parellada, que a transformou na residencia familiar do industrial téxtil Josep Freixa. O arquitecto converteuno nunha das xoias do modernismo da cidade, coa súa estrutura de arcos e voltas de inspiración gaudiniana e os muros pintados de branco, de onde sobresae unha alta torre.[1]
Durante moitos anos abeirou o Conservatorio Municipal de Música, que foi trasladado a un edificio de nova construción no Campus Universitario, no barrio do Cemiterio Vello. A día de hoxe acolle as oficinas do Valedor do Pobo e a Oficina de Turismo do Concello, alén da sede da rede de Turismo Industrial de Cataluña.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalle do soportal cos arcos parabólicos de portas e fiestras e o balaústres cerámicos
-
Soportal
-
Soportal e cúpula
-
Rotonda e torre
-
Pequeno soportal de entrada
-
Detalle do tellado e a torre
-
Tellado sinuoso
-
Porta de arco parabólico
-
Fiestra de arco parabólico
-
Interior, porta de arco parabólico
-
Interior da rotonda, con ventanais de arco rebaixado
-
Interior, arcos parabólicos